Saltar al contenido
acordes.online Mi cancionero

Terra

Acordes de Dakidarría

Tono: Do mayor (C)Solo F lleva cejilla

[Intro gaita]
C
C
C
C
G
F
[Estrofa 1]
 Baixar da furgoneta  
 no cabo de Ortegal
 lembrando aquel vello poema
xusto antes de tocar.
 Ou no Bierzo galego, 
 coa xente do lugar
 ceando xuntos nas pallozas
na noite de San Xoán.
 Verbas de mariñeiro  
 na praia de Massó
 mentres o sol quenta con raiba
os guindastres de Teis.
 Revolta no Berbés,    
 mantendo Vigo en pé,
 cidade proletaria.
[Retrouso]
 Historias dunha terra
 de cuncas e de mar
 que xuntos coñecemos
nas voltas que a música nos dá
Camiñar e facer camiño
  Escoitar, aprender e compartir.
[Estrofa 2]
 As dornas de Combarro 
 loitando contra o mar
 ou as gamelas de Ares
que nunca naufragarán.
 Tratorada en Chantada
 cun frío que nin dios,
 resistencia en Montealto
e unha nova okupación.
 Mencer en Carballiño, 
 coma sempre sen un can,
 ir vendo crecer a Iñaki
a golpes de Rock&Roll.
 A mocidade activa,
 do noso Val Miñor
 berra para facerse oír.
[Retrouso]
 Historias dunha terra
 de cuncas e de mar
 que xuntos coñecemos
nas voltas que a música nos dá
Camiñar e facer camiño
  Escoitar, aprender e compartir.
[Estrofa 3 / rap]
Facendo camiño ao andar na volta
que a música nos dá na cabeza
Amizade, xente ceibe
coma o vento ou as ondas do mar
Un vento rebelde que vén de lonxe,
agora en nós nomeámo-lo furacán
e agora que sone
a música da colectividade
coas súas historias de cuncas.
Terra, dignidade e mar.   
Salvaterra do Miño, Riotorto
Pardiñas, Cangas, Ordes,
Poulo, Manselle, Montealto,
Monteferro, O Courel!   
A nosa música é do pobo
  e é para o pobo!!
[Retrouso] (x2)
 Historias dunha terra
 de cuncas e de mar
 que xuntos coñecemos
nas voltas que a música nos dá
Camiñar e facer camiño
  Escoitar, aprender e compartir.

¿Qué tocamos ahora?

Más canciones de Dakidarría

Tono Orig.
Vel. 5

Explora el cancionero

Artistas de la A a la Z

Géneros